2/11/26

CONTOS TERRORÍFICOS POLO SAMAÍN

 Os alumnos e as alumnas de terceiro de primaria gravaron na radio escolar unhas historias de moito medo. Atréveste a escoitalas?



31/10/26

LECTURAS TERRORÍFICAS POLO SAMAÍN

Na semana de samaín durante a hora de lectura, as voluntarias e voluntarios da biblioteca contaron contos de medo polas aulas. 
Foi terroríficamente divertido!!!

30/10/26

LEIRADIO: Entrevista ás novas mestras do cole

Escoita a entrevista que as voluntarias e voluntarios da biblioteca lles fixeron ás novas mestras:

28/10/26

FAMILIAS LECTORAS 26/27

Comezamos, un curso máis, coa actividade "familias lectoras" onde as familias do centro asisten á nosa biblioteca para ler contos en galego durante a hora de ler. 

Se estás apuntad@, consulta o calendario que hai no taboleiro da entrada do cole para saber as datas.


26/10/26

MOCHILAS VIAXEIRAS

 O 24 de outubro celebrouse o "Día das Bibliotecas Escolares" e na  nosa biblioteca o celebramos dando saída a 11 mochilas que viaxarán polos fogares de todo o alumnado do centro.

Como novidade, este curso temos dúas mochilas na clase de 1ºEP e outras dúas mochilas na aula de 2ºEP debido ao gran número de alumno/as que hai nesas dúas aulas.

15/10/26

NOVO NOME PARA A NOSA RADIO:

Temos novidades!
Comezamos o curso cun novo nome para a nosa radio:

LEIRADIO, ONDE TODO É CONTADO





 

14/10/26

INICIO DA PDI: Artesanamente

Hoxe abrimos a biblioteca e o alumnado puido descubrir, grazas a axuda da nosa mascota, cal será o novo proxecto deste curso 26/27: