30/4/12

FAMILIAS E LECTURA

Tamén as familias que o desexaron aportaron a súa participación nas actividades de abril e día do libro. Con comentarios e  recomendacións de lecturas visibles no taboleiro da entrada, colaboramos os adultos como modelos lectores, incidindo deste modo no fomento de actitudes positivas cara a lectura por parte do alumnado.
                                                                                                    
Grazas pola colaboración!!




    

28/4/12

HORA DE LER COMPARTIDA

Durante esta semana, cada día unha lectura, cada día uns lectores diferentes, cada día esperando a ver que conto nos tocaba... Unha hora de ler distinta...e especial:


                            

25/4/12

AS RECOMENDACIÓNS DE EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de 4 e 5 anos amósannos os seus libros preferidos:

                              

23/4/12

DÍA DO LIBRO

Hoxe, día do libro, un grupo dos axudantes de 6º preparou este programa especial da nosa radio escolar, para celebralo lendo e escoitando:


                          

                            

21/4/12

CON AN ALFAYA

Vaia sorte que tivemos contar coa visita desta xenial escritora, An Alfaya, que ademais resultou ser unha grata contadora de historias. Así nolo relata o alumnado de 5º e 6º que leron este curso dous dos seus libros:
"Falounos de como se inspirou para escribir os seus libros. No caso de A ánfora exipcia empezou dende que lle regalaron un escaravello rinoceronte, un documento nunha revista sobre unha muller que encontrara unha ánfora, historias que lle contou unha amiga que viaxou a Exipto...No caso de Zoa e Azor inspirouse estando na festa da rapa das bestas. Contou un interesante conto sobre un náufrago e unha buguina. Contestou a todas as nosas preguntas e asinou os nosos libros, incluido o da biblio"
Grazas, An Alfaya, e grazas a Matilde por facelo posible.
  

18/4/12

BRENDA FALA DE... "LA ISLA DE NIM"

Brenda, de 4º, viu, coma case todos os martes no recreo, á Biblioteca. Viña a devolver "La isla de Nim", de Wendy Orr, e quixo compartir connosco este libro.

                   
                 

Basada neste libro fíxose unha película que, xa que Brenda o recomenda, podemos ver o trailer:


                          

17/4/12

A CLASE DE TERCEIRO RECOMENDA...

Os nenos e nenas de terceiro quérennos falar dun libro que levaron para a súa biblioteca de aula:
A casa de vidro do señor Clin, de Gloria Sánchez.

                         


                                        

15/4/12

MELLORANDO NA LECTURA

Ler non é só cousa do cole, non. Hai que ler en todas partes: ler o horario de autobuses ou do tren, ler as ofertas do super, as instrucións dun videoxogo, o plano do zoo, as etiquetas dos produtos  que  mercamos, a factura do teléfono... seguro que se che ocorren miles de situacións de lectura.
Os bos lectores e as boas lectoras están entrenados para calquera situación, e que ninguén teña que ler por eles. E se ademais nos divertimos, moitísimo mellor.
 Aínda que xa sabemos que ledes bastante, aquí quedan              
dez consellos para ser un bo lector, da páxina leer.es e tamén

10/4/12

MÁIS SOBRE ANDERSEN

Para coñecer mellor a este autor e a súa obra chégannos estas actividades dende O RECANTO DE MIK, Biblioteca do CEIP Mestres Goldar de Vigo, a quen agradecemos o traballo compartido. Adecuadas para este mes de abril, mes de celebración do libro e a lectura, esperamos que sirvan para aprender un pouco máis e pasar un momento agradable arredor dos contos.



Tamén podes escoitar e ler contos de Andersen nos audiolibros de albalearning: preme na imaxe.


2/4/12

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

O 2 de abril é celébrase o Día do libro infantil e xuvenil, pois é a data de aniversario de Hans Christian Andersen, autor de moitos contos coñecidos. O fermoso cartel elixido para este ano é obra do ilustrador mexicano Juan Gedovius e a mensaxe escrita para nenos e nenas é do escritor Francisco Hinojosa. Desta mensaxe destacamos este parágrafo:
"Os contos énchennos por igual aos seres humanos, a pesar das nosas enormes diferencias, porque todos somos, no fondo, os seus protagonistas."
Ler a mensaxe completa AQUÍ

E non quixeramos deixar pasar este día sen falar de Andersen, por iso buscamos na rede esta breve biografía:

                            

Podes atopar moitísimos contos de Hans Christian Andersen en Ciudad Seva. Disfrútaos.
E esta é a nosa proposta para este mes: EN ABRIL, LIBROS MIL