Recibimos, no noso novo recuncho de contacontos, a Miguel, o pai de Rocío.
O conto elixido desta vez foi "A min non me comas", de Margarita del Mazo e Vitali Konstantinov, un conto no que o medo é protagonista:
"-Son o monstro terrible e vermello!
Estouche vendo o pelello!
Teño moita fame e voute comer!"
Miguel fixo pasar un momento agradable á súa audiencia, vendo que ao final sempre se poden vencer os nosos medos.
Moitas grazaaas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario