12/4/13

CONTOS DE RATOS CON ARTE

Xornada especial na nosa escola coa presencia da contacontos da Editorial Kalandraka, Olalla e o ilustrador Marc Taeger. 

Olalla conseguiu deleitarnos coa narración de tres contos nos que o fíos conductores eran os ratos e a arte.


Os alumnos e alumnas de Educación Infantil,
1º, 2º e 3º seguiron atentamente as historias de Grisela, a ratiña que estaba empeñada en non ser ela mesma.


 

 Máis tarde descubriron da man de Matías un mundo de formas e cores capaces de cambiar o modo de ver a vida, tal e como lle aconteceu ao ratiño.


E por último, todos mergullamos no mundo da pintura expresionista cunha homenaxe ao pintor  Franz Marc, disfrutando con animais de cores inesperadas.

Todos os contos foron completados coas ilustracións con que nos obsequiou  Marc Taeger,
contaxiándonos coas súas cores e facéndonos sentir a necesidade de chegar á aula  e poñernos a pintar.
 


2 comentarios:

  1. Ola nenos, nenas e mestras.
    moitas grazas por invitarnos ao voso colexio e por desfrutar cos contos e as ilustracións tanto coma nós.
    Agardamos poder voltar en outra ocasión a visitarvos, unha aperta moi grande de Olalla, Marc e Matías.

    ResponderEliminar
  2. Alumnas e alumnos de 1º.22.4.13

    Despois da vosa visita, nós tamén fixemos uns debuxos preciosos case que tan bonitos coma os vosos.
    Os contos foron xeniais.
    Esperamos volver a veros.
    Alumnas e alumnos de 1º

    ResponderEliminar