28/11/13

CONTOS E AVÓS

Aurora, a mamá de Raúl e máis de Mara, abriu o calendario de lecturas coas familias con moito éxito. Leu para Educación Infantil "A avoa non quere comer" e para o 2º ciclo de Primaria "Quen me quere adoptar", ámbolos dous de Fina Casalderrey.


Lecturas que falan de avós e da súa relación cos pequenos e pequenas, nas que Aurora soubo chegar á súa audiencia, asombrando e emocionando.




Colaborou na escenografía Patricia, a mamá de Joel.
Moitas grazas ás dúas.

Engadimos unha canción do novo libro-disco de Migallas "Pan de Millo", que xa está dispoñible na Biblioteca: "Miña abuela Manuela":

           
E máis libros sobre avós na nosa selección para este trimestre.

No hay comentarios:

Publicar un comentario