7/11/13

O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS

Como remate das actividades do Día da Biblioteca, contamos cunha lectura especial, a que nos ofreceron Marta, Rafa e Sara de 6º. Nenos e nenas de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria pasaron uns momentos divertidos escoitando e participando, unha vez máis, nestas sesións que tanto nos gustan. Queda recollida neste vídeo para poder escoitar e ver cantas veces queiramos.
Este conto de Oliver Jeffers está editado en galego pola editorial Patasdepeixe.

                       

1 comentario: