4/2/14

E QUE PODO FACER EU?

Onte chegou á nosa Biblioteca Patricia, a nai de Icía,  e traía un grande interrogante  ?  colgado. Pronto descubrimos que facía refencia ao título do libro que nos viña presentar, "E que podo facer eu?".


Esta pregunta que se facía o señor X, e que repetimos con Patricia ao longo da súa lectura, quedou connosco pronta para sair das nosas bocas cando sexa preciso e gravada nos globos que nos trouxo. Algo sempre se pode facer para mellorar no noso entorno! 
Moitas grazas Patricia!

No hay comentarios:

Publicar un comentario