15/12/14

VOLUNTARIAS COMPROMETIDAS

Por fin solucionamos o problema técnico que nos tivo dúas semanas anotando a man os movementos dos fondos da Biblioteca. Conseguimos manter o servizo aberto grazas á boa disposición do grupo de voluntarios e voluntarias de 6º. Na quenda de María, Lucía e Alba houbo que revisar todas as anotacións e comprobar unha por unha as devolucións. Aquí as vedes no seu tempo de recreo traballando ao servizo da lectura!



No hay comentarios:

Publicar un comentario