19/5/15

ACTIVIDADES LETRAS GALEGAS 2015

O alumnado de 6º realizou un traballo de investigación sobre a Historia do galego, e contaron o que aprenderon a todo o cole de forma dramatizada: ante nós desfilaron Alfonso X o Sabio, os xograres, Frei Martín Sarmiento, Eduardo Pondal, Curros Enriquez, Rosalía de Castro, Leiras Pulpeiro, Castelao ...ata os autores actuais.


A clase de 4º aprendeu sobre a tradición dos maios e preparou co profe de música esta danza e cantiga:
              
                   

O alumnado de 5ª presentounos unha receita de cociña moi simpática (cociña Kakofónika do grupo Mofa e Befa), e os nenos e nenas de 1º e 2º agasalláronnos cun recitado de poemas.




E o grupo de 3º nivel preparou un documental sobre o autor homenaxeado este ano. Reunímonos na Biblioteca para velo.

        

No hay comentarios:

Publicar un comentario