18/6/15

CIENCIA E INVESTIGACIÓN

Recibimos hai uns días a visita do investigador José Luis Santiago, a través do programa Exper-i-Ciencia. Falounos do seu traballo e o de todas as persoas que prestan os seus servizos á sociedade nos distintos departamentos e grupos do CSIC (Centro Superior de Investigacións Científicas).
Puidemos saber que grazas á investigación melloran as nosas vidas en moitos aspectos: ecosistemas, agricultura e alimentación, medicina e saúde, tecnoloxía, cultura...

En concreto explicounos que onde él traballa, na Misión Biolóxica de Galicia, estudan as enfermidades e as especies da vide, do millo e tamén das árbores dos nosos montes.
Trouxo moitos materiais, que puidemos ver, tocar e ata ulir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario