3/5/16

EXPER-I-CIENCIA: O ADN

De novo este curso tivemos a sorte de contar cunha investigadora do CSIC, e neste caso nada menos que unha antiga alumna do cole, Laura Cal, que traballa no Instituto de Investigacións Mariñas en Vigo.
Laura investiga coas partes máis pequenas dos seres vivos, que están no núcleo das células e que fan posible que cada ser vivo teña as súas características: os xenes e o ADN.
Realizamos a experiencia de extraer o ADN das células dun plátano.
Primeiro de todo: ler ben os pasos do experimento, pois o éxito depende da realización coidadosa de cada paso.



Encantounos!!! Moitas grazas, Laura!

No hay comentarios:

Publicar un comentario