27/9/16

QUEN SEMENTA, RECOLLE: COMEZAMOS

Hoxe chegaron ás aulas as cartas de Pacho. Xa temos cadaquén a súa misión, debemos prepararnos para cultivar a nosa horta cando chegue o momento. Primeiro necesitamos saber moito. Explorade nestas ligazóns e nos libros da Biblioteca. Ánimo! 
Pincha aquí para ver máis grande.


15/9/16

VIXIANCIA E DETECCIÓN DE INCENDIOS

No noso pavillón estivo instalada durante o verán unha patrulla de profesionais do exército. Sabíamos que estaban aí por mor dos incendios forestais, pero... que fan? 
Antes de marchar tiveron a amabilidade de satisfacer a nosa curiosidade  explicándonos en que consistía a súa misión aquí:
Colaboran vixiando os montes e detectando incendios antes de que se propaguen. Utilizan tecnoloxías como drons e GPS para localizalos.



  Tamén nos deixaron probar a todos un telémetro (prismáticos que calculan distancias), e unhas gafas de visión nocturna.





Pareceunos interesante e fixemos moitas preguntas.
Tamén nos dixeron que máis importante que todo isto é a prevención e que  a educación das persoas pode evitar que iso siga sucedendo cada verán. Sabemos moi ben que os incendios perxudican gravemente os ecosistemas dos nosos montes e por tanto nos perxudican a todos nós. Con esa mensaxe nos quedamos. Moitas grazas.

12/9/16

BENVIDA

Benvidas e benvidos á escola, a un novo curso en que conviviremos, compartiremos e aprenderemos.
Para comezar ofrecémosvos unha antiga curta de animación, "Árbores e flores", de Disney, para ver xuntos, comentar... e o que xurda!