25/10/16

LECTURA DIXITAL

A Editorial Weeble é un proxecto que pon á nosa disposición libre numerosos libros en formato dixital. Unha actitude xenerosa das persoas autoras, ilustradoras e promotoras. Podemos encontrar algúns en galego, traducidos tamén de maneira altruista.
Intentaremos introducir algúns destes libros nos lectores electrónicos. 
Mentres, deixamos un aquí, un exemplo para que valoredes vós mesmos esta  iniciativa.

http://issuu.com/editorialweeble/docs/el_libro_magico_de_la_naturaleza?e=10773840/36243953

NO DÍA DA BIBLIOTECA, AS FABAS MÁXICAS

Esther, Joel e Xeila, voluntarios de 6º, prepararon para nós a lectura de "As fabas máxicas". No Día da Biblioteca reunímonos para escoitar este fantástico conto e a continuación recibir as mochilas viaxeiras, cargadas de novas experiencias lectoras.


 Grazas aos tres por ofrecernos esta sesión de lectura!
Aquí quedan algunhas actividades sobre o conto. 
Velaquí o conto en canción:

          

21/10/16

CHEGA O DÍA DA BIBLIOTECA

O próximo día 24, como tantas veces coa axuda do alumnado voluntario, celebraremos o Día da Biblioteca cunha lectura en voz alta para todo o cole e tamén facendo entrega das mochilas viaxeiras deste curso, que están desexando xa visitar as nosas casas.

3/10/16

ABRIMOS AS PORTAS

Hoxe comezamos cos recreos de Biblioteca, sabemos que agardades impacientes pero os equipos de axudantes estiveron traballando moito estes días para que todo estivese listo canto antes. Incorpóranse os voluntarios e voluntarias de 5º que se puxeron ao día con moito interese.







 Todos dispostos a colaborar para que aproveitedes ben o que a biblio vos pode ofrecer. 
AGARDÁMOSVOS!!