19/12/16

O POLIÑO DA ABELEIRA

Desta volta foi Elena, mamá de Leyre, quen leu para os nenos e nenas de Infantil o conto "O poliño da abeleira", texto acumulativo dos que sempre dan xogo para traballar nas aulas: grazas a que a auga fixo medrar a herba, a herba alimentou a cabra, a cabra deu pel ao zapateiro e o zapateiro fixo os zapatos da dona, a dona puido ir a quitar a abelá que estaba atrancada na gorxa do poliño.


 Atopamos na rede esta idea para revivir o noso conto na aula e percorrer os seus elementos  en ambos sentidos, idea que se pode trasladar a calquera conto acumulativo:

          

Ou tamén podemos explorar a interesante opción do conto redondo:

http://estaticos.educalab.es/cniie/leer.es/cuentosredondos/cuentos_redondos01.html
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario