Este é un conto que nos chega da organización "Manos Unidas", moi axeitado para o noso proxecto e para este Día Escolar pola Paz.
Un grupo de axudantes da biblio e máis a profe Mariluz puxéronse a traballar para ofrecernos hoxe esta historia a todo o cole, con monicreques de pau.
As hortalizas compiten por ser a máis grande, pero o pequeno tomate cherry failles ver que o tamaño non importa, todas son necesarias para unha boa alimentación, e as pequeniñas sementes son as que gardan dentro de sí o máis importante...
Deixamos o conto en vídeo e AQUÍ a nosa versión traducida e adaptada.
Deixamos o conto en vídeo e AQUÍ a nosa versión traducida e adaptada.
Algunhas imaxes da actividade:
Despois todos sementamos as nosas particulares sementes, que agochan no seu interior moitos desexos de Paz. Agardamos que medren moito!
No hay comentarios:
Publicar un comentario