Chegou o Día do Libro e de novo o "Contapatio", actividade de lecturas compartidas. Este ano os lectores e lectoras foron de 3º, 4º, 5º e 6º. Como sempre o patio mudou para ser un lugar de concentración onde só se escoitan os baixiños murmurios da lectura, momentiños de paz en boa compaña e arredor dunha historia , "soando nas nosas cabezas a música da maxia ceiba", como di o texto co que Rosalía Fernández Rial nos agasallou este ano ás Bibliotecas Escolares de Galicia.
O alumnado de 3º, que por primeira vez lía para os demais, manifestou o seu entusiasmo no seu blog de aula.
Continuamos coa programación de abril da que seguiremos dando conta nos próximos días!
No hay comentarios:
Publicar un comentario