O alumnado de E.Infantil ata 3º de Primaria visitou os xardíns da Fundación Sales, en Vigo, un lugar onde o mundo vexetal é protagonista, onde conviven especies de todo o mundo, silvestres e cultivadas. Un paseo admirando a beleza das plantas, escoitando as explicacións e ata descubrindo animaliños que viven moi tranquilos nun ben coidado ambiente.
Tamén puidemos plantar unha leituga cada un, nun recipiente biodegradable, feito con materia orgánica para que se poida enterrar e facilite o transplante.
Por suposto trouxemos as leitugas para a nosa horta!
No hay comentarios:
Publicar un comentario