Nas últimas semanas de curso andivemos moi atarefados pintando no muro do patio as nosas versións dos cadros elixidos por cada clase, cadros de pintores e pintoras galegos, de sempre e de hoxe: Castelao, Seoane, Maruja Mallo, Jorge Peteiro, Álvaro Caruncho, Leandro Lamas, César Prada e Abi Castillo. Tivemos que investigar sobre a súa arte e a súa vida para que o público entendera mellor a exposición.
Tamén traballamos para preparar o resto do Museo, cos traballos de todo o curso do Proxecto LeirARTE e guiamos a todos e todas as visitantes. Se non queredes perdervos como foi, visitade o blog do proxecto.
Despedimos ao alumnado de 6º, agradecendo o seu traballo na Biblioteca, xunto cos compañeiros de 5º.
E aínda tivemos tempo para encher as bolsas de vacacións para quen quixo levar lectura para o verán.
Non hai mellor descanso que o que vén despois dun bo traballo!
Así que...
No hay comentarios:
Publicar un comentario