12/1/19

TRANQUILA TRAGALEGUAS

Neste libro hai tres contos de Michael Ende. Eva e máis o seu fillo Bruno escolleron Tranquila Tragaleguas para a Hora de Ler coas familias en 3º e 4º.
Escoitamos atentamente as aventuras dunha tartaruga que se mantén firme na súa decisión de chegar a onde ela quere, a pesares das opinións dos personaxes que vai atopando no seu camiño e que a queren disuadir.
Un conto sobre a perseverancia, a tenacidade, a autoestima e o criterio propio.
Un clásico, que Eva nos descubriu e sobre o que volveremos na aula porque nos gustou moito.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...