As integrantes do Club de Lectura de adultos tiveron a sorte de poder conversar co autor de "Os fillos do mar", a primeira lectura que compartiron. Foi unha tarde amena en que se falou do libro e tamén de todo o que ten que ver coa obra escrita nas mans das lectoras. Escoitar os puntos de vista e as motivacións de boca do autor enriquece enormemente o universo do libro, a súa comprensión e relación con outros temas: historia, xeografía, relacións humanas, emocións, humor... de todo saiu. Un pracer!
No hay comentarios:
Publicar un comentario