14/2/20

CLÁSICOS COAS FAMILIAS

Entre as propostas da Biblioteca, Enma, a mamá de Javi, optou por un clásico para a súa lectura co alumnado de 3º e 4º: Rapunzel, conto dos irmáns Grimm, versión en galego da editorial OQO.




Os irmáns Grimm recopilaron contos da antiga tradición oral europea, contos dos que se poden atopar múltiples versións, pero que ofrecen tramas que seguen a ser ben acollidas  e  moitas posibilidades para falar, ler, escribir e crear.
Podémolos atopar na biblioteca en diferentes versións, agora tamén con audioconto da editorial Galaxia.




Aquí unha simpática versión en vídeo de "Los músicos de Bremen" (os catro amigos)

No hay comentarios:

Publicar un comentario