Izan e o seu pai, César, léronnos "O oso e o piano" de David Litchfield de Hércules Ediciones ao alumnado de 1º e 2º.
Unha historia entrañable que nos relata como un oso, coas súas grandes poutas, atopa un piano no bosque e aprende a tocalo coa súa persistencia. Todos os seus amigos disfrutan dos seus acordes, aínda que finalmente, o pianista marcha na procura do éxito.
A fama parece non ser bastante e o que realmente bota en falta é a amizade que compartía na súa comunidade.
Unha boa oportunidade para lembrar a importancia dos amigos e amigas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario