7/3/20

MAMÁ ROBOT

Mamá dedica todo o seu tempo ás nosas vidas, a atendernos e coidarnos: mamá cociñeira, mamá taxi, mamá enfermeira, mamá profesora...pero un día mamá decide facer outras cousas que lle apetecen moito, como retomar os seus estudos, facer deporte ou axudar a mellorar o mundo!


Agora temos que poñernos as pilas e colaborar todos nas tarefas domésticas! So poñemos unha condición: que mamá non se poña nunca en folga de achuchóns!
Este foi o libro que nos leu Estela, mamá de Héctor, a 5º e 6º . Todos nos vimos reflectidos nesta historia, conversamos sobre isto e pensamos...porque ás veces hai que pararse a pensar!


Grazas Estela!

No hay comentarios:

Publicar un comentario