2/5/21

LECTURAS FAMILIARES NA AULA DE 2º

Durante este curso tan especial, as familias non se esquecen de nós e seguen compartindo aquelas lecturas coas que tanto temos desfrutado.

A última entrega foi a de Verónica, a nai de Eric. "O rato da casa e o rato do monte", é un libro de Pepe Carreiro e publicado pola Nosa Terra.

Un conto de sempre co que gozamos toda a aula.

A mamá de Nico e Álex acompañounos co relato "Despois da chuvia"de Miguel Cerro, publicado pola Editorial Kalandraka.

Unha fábula que nos fala do ben común e que este non está centrado nos excesos materiais.

"A casa da miña avoa" de Pep Bruno e publicado pola editorial OQO, foi a lectura seleccionada pola mamá de Leyre. Unha historia de suspense e tensión no día do aniversario.


       
  MOITAS GRAZAS POR ESTAR CONNOSCO NOVAMENTE!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario