25/10/21

SEMANA DA BIBLIOTECA

Este ano iniciamos a Semana das Bibliotecas Escolares cuns vídeos informativos sobre o uso da Nosa Biblioteca. 

Os novos axudantes de 5º, participaron coa elaboración dun vídeo para explicarnos como está organizada, e os seus compañeiros de 6º encargáronse da súa edición.

 

Completando así a información que xa tiñamos do curso pasado.


 

Despois de ver os vídeos informativos, pasamos a xogar cos taboleiros dos escornabots.


   

O xoves 21, iniciou a viaxe das Mochilas Viaxeiras e de Igualdade, cos fondos da Biblioteca, para compartir pequenos momentos coas familias. Esperamos que sexa unha boa experiencia.

 

Para cumplir co protocolo sanitario, a cadencia 
de saída da escola das mochilas será a seguinte:
 


 
Para rematar a semana, nun acto no que participaron os Voluntarios da Biblioteca cun discurso elaborado por eles, púxoselle nome á nosa biblioteca. Dende agora chamarase Biblioteca Aurora Ramilo.
Cumpríndose así cun merecido recoñecemento a Aurora e o seu labor, que cooperou e axudounos para que a nosa biblioteca sexa o que hoxe é. 
Moitas grazas.
 
 



1 comentario:

  1. Parabéns por todo o traballo, pero neste caso, especialmente, polo recoñecemento a Aurora Ramilo. Poñerlle o seu nome á biblioteca do centro é un acto de xustiza (con quen a fixo florecer) e algo que honra a toda a comunidade educativa.
    Dende fóra, quero mostrar o meu agradecemento por esa iniciativa.

    ResponderEliminar