Seguimos coas Lecturas en Familia que, durante estes tempos de poucas visitas, permiten manter o contacto coa comunidade escolar.
O alumnado de 5º, moi activo, nos agasalla frecuentemente con estas lecturas.
"O pintor cego" de Kalandraka, foi a primeira opción.
E "Migrantes" da Editorial El Zorro Rojo, un relato moi apropiado para o proxecto da escola "A volta ao mundo en 160 días".
Ernesto o elefante, foi o conto seleccionado pola familia de Mateo de 1º de Primaria. En ocasións a colaboración non se da entre os iguais, son os "outros" os que nos aportan o que precisamos.
Moitas grazas pola vosa aportación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario