Este trimestre, na aula de 2º, recibiron unha morea de Lecturas de Familias e disfrutaron coas distintas narracións.
Comenzamos con "Tomás o bromista" da editorial Kalandraka, para pasar un momento con moitas risas coa familia de Inés.
Clica para escoitar o conto
A seguinte familia lectora foi a de Amalia que agasallaron a todos con "A árbore da escola", aquela árbore que pasa sempre desapercibida, que non lle prestamos atención pero que segue alí esperando os nosos aloumiños.
Clica para escoitar o conto
E con "A vaca condesa" de OQO, compartido pola familia de Daniela, voltaron chamar a atención do moito que precisan os seres vivos do afecto dos que nos rodean.
No hay comentarios:
Publicar un comentario