8/4/22

MÁIS FAMILIAS LECTORAS DE 2º EP

 Continuando coa nosa actividade de "Familias Lectoras", quixeron estar connosco as familias de Rubén, Izan e Mateo.

A familia de Rubén escolleu "Distintas" da Editorial Kalandraka, un libro que nos recorda que é necesario ver a vida con optimismo e sempre mirando para adiante.

                                   👇Clica e ve o vídeo

 
 
"O granxeiro e o veterinario" de Hércules Edicións, foi a colaboración de Izan e a súa familia. E nos explica a importancia de ter bos amigos.

👇Clicando na imaxe poderar ver o conto


"O pirata Pata de Lata" unha publicación das de sempre que nunca falla da Editorial Kalandraka , unha lectura feita pola familia de Mateo.

                                              👇Clica na imaxe




E como non, o alumnado de 2º difrutou enormemente dos vídeos.

O noso agradecemento a todas as familias participantes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario