Aproveitando a nosa viaxe por todo o planeta, descubrimos que as mulleres tamén collen as maletas.
Non é preciso viaxar para atopalas, hai mulleres que chegaron doutras comunidades a Galiza, mentres que outras emigraron e agora tornaron connosco. As causas son múltiples aínda que, como tradicionalmente aconteceu e acontece na nosa comunidade, os motivos económicos e afectivos son os maioritarios.
O alumnado preparou entrevistas para ter maior información e os resultados podemos velos no noso blog do proxecto.
Entre as entrevistas hai a dun home, papá dun neno, que veu sustituir á avoa que no último momento non puido acudir.
👇
No hay comentarios:
Publicar un comentario