Brais Pino de 1º e a súa familia fixéronnos a proposta de "A paso de tartaruga" da Editorial Kalandraka. Un conto tradicional africano, moi apropiado para o traballo da oralidade e relacionado co noso proxecto "A volta ao mundo en 160 día. Coñecer para comprender"
👇 Pincha na imaxe para ver o vídeo
A autora Charo Pita comparte connosco esta tenra narración, onde o amor fai posible disfrutar dos pequenos detalles da vida. E chegou da voz de Silvia, a mamá de Valentina de 1º.
👇 Clica na imaxe para escoitar o audio
Continuamos coa familia de Óliver de 1º, que nos agasallaron con dous relatos:
- "Unha historia" de Marianna Coppo da Editorial Kalandraka, onde a imaxinación pode levarnos por camiños infindos.
Se pinchas na imaxe poderás escoitala👇
- "Despois da chuvia" de Miguel Cerro da Editorial Kalandraka. Un álbum ilustrado que nos fala da necesidade de crer en nós mesmos.
Clica e poderás ver e escoitalo👇
Moitas grazas a todas a Familias Lectoras por acompañarnos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario