11/5/22

OBRADOIROS DE CREATIVA

 Chegaron á escola os obradoiros de Biblioteca Creativa e fóronse con grande agradecemento dos participante que disfrutaron e aprenderon moito nesa xornada.

A novidade consistíu en que compartimos estos espazos con algunhas familias que quixeron participar na experiencia. Espero que disfrutaran tanto como o alumnado.

O primeiro obradoiro para o alumnado de 5º, foi o de "E-textiles e novas tecnoloxías" impartido por Paola Guimeráns, unha iniciación básica á electrónica e á programación, uso do Scrach e uso da placa Makey-Makey.




A continuación tivo lugar o "Obradoiro de collage e fotografía", composición de collages empregando diferentes técnicas e con distintos materiais e fotografía en caixa de luz coa cámara réflex. 









Estes foron os resultados dos seus traballiños.
 




                                            Para ver Álbum de Fotos 👍
                                    

No hay comentarios:

Publicar un comentario