25/1/24
18/1/24
PREMIADOS NO IX CONCURSO DE TRABALLO POR PROXECTOS
Temos boas novas!
Comezamos este ano 2024 recibindo un PREMIO no IX Concurso de Traballo por Proxectos realizados durante o curso 2.022/2.023 baixo a coordinación da biblioteca escolar.
O proxecto premiado foi “Mergúllate con nos: descubre e aprende”, na modalidade de proxectos documentais integrados, coordinados dende a biblioteca escolar.
Entre os criterios tidos en conta para a valoración do proxecto figura a participación de toda a comunidade educativa no seu desenvolvemento.
Queres ler a noticia no xornal?
Parabéns!!
10/1/24
AS MATES NA COCIÑA
Á volta do Nadal, o alumnado de 5º volveu das vacacións cunha fame no cerebro por tanta lambetada das festas que a titora decidiu sacar proveito da situación.
Que mellor lugar para fartar a fame que a cociña e ao mesmo tempo, que casualidade que a mellor maneira de aprender matemáticas sexa tamén na cociña. Pois alá foron!
Mirade todo o que elaboraron e comeron!
.jpeg)