22/5/24

VISITA DE SUSANA LAMELA

Esta mañá tivemos unha visita moi especial.

O alumnado dos clubs de lectura de 5°EP e 6°EP recibiron na nosa biblioteca a escritora pontareá Susana Lamela para falar do seu libro "Soños de andel".

Aproveitamos para facerlle unha entrevista con preguntas moi interesantes e Susana agasallounos cun exemplar do seu libro "Do dereito e do revés".

Para finalizar, non faltaron as firmas de libros e unhas dedicatorias ben fermosas de Susana.

Un enorme pracer Susana, volve cando queiras a Leirado!








No hay comentarios:

Publicar un comentario