O clube de lectura de adultos, tras a lectura do libro de #bandadeseñada “A batalla de Rande” e como broche final do curso, decidiron ir de excursión ao Centro de Interpretación da Batalla de Rande en Redondela.
A visita guiada proporcionoulles moitos datos sobre o ocorrido no ano 1702 nas augas baixo a Ponte de Rande así como tamén puideron interactuar nas salas da exposición.
En definitiva, un tesouro gratuito preto da casa. Quedaron para o curso que ven facer outra saída parecida.
No hay comentarios:
Publicar un comentario