Neste trimestre o club de lectura de adultos estivo lendo dúas propostas de autoras galegas.
"A lúa da colleita" , de Anxos Sumai, que a través da súa protagonista e as súas vivencias e emocións, nos leva a dubidar entre a ficción e a realidade.
A outra proposta viña da man de María López Sández, "A forma das nubes" é unha novela narrada en primeira persoa na que se reflexa cómo as vivencias na infancia poden determinar a forma de vivenciar o mundo no futuro.
Nesta xuntanza comentamos as nosas impresións sobre os libros, o que nos fixeron sentir e pensar, e propuxemos ideas tamén para próximas lecturas.
Mención especial para a nosa compi lectora Rita que nos endulzou a xuntanza cunha torta caseira de cabaza e infusión de herba luisa
No hay comentarios:
Publicar un comentario