Hoxe fixemos nova xuntanza do club de lectura de adultos para compartir imresións sobre dúas lecturas moi diferentes.
Por unha banda, mergullámonos na historia de "O souto dos catro ventos", no que María Oruña nos conduciu ata o mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil para resolver un enigma mentres viaxamos na historia
Por outra banda probamos coa poesía da man de Rosalía Fdez. Rial no libro "Árbores no deserto" . Todo un alegato femisista a partires de citas de mulleres históricamente importantes e reivindicativas como Virginia Woolf, Clara Campoamor, María Zambrano, Simone de Beauvoir, etc. deixounos unha reflexión sobre o poder da palabra para mudar a mirada e o mundo
ÁRBORES NO DESERTO
O SOUTO DOS CATRO VENTOS
O INCENDIO
MEMORIAS DE UN NENO LABREGO
No hay comentarios:
Publicar un comentario