Hoxe reunímosnos as lectoras do club de adultos para conversar a rredor das dúas obras que estivemos lendo este mes.
En prol de cumplir cunha das suxrenecias feitas na reunión anterior, na que se propuxo ler algún clásico, decantámonos por "memorias de un neno labrego". Este libro de lectura obrigatoria resultou un éxito co que, a través dos ollos do neno Balbino, Xosé Neira Vilas nos describe maravillosamente como era o mundo e a sociadede da éspoca.
Outra das propostas recollidas na xuntanza anterior foi "O incendio", de Sara Vila, unha moza veciña do noso concello que relata, a través das vivencias da protagonista adolescente, a vida nunha aldea que podería ser a nosa. Mediante a relación coa súa avóa, que todas identificamos como propia, mais as expresións que todas oímos tamén nas nosas casas, relata de xeito conmovedor como acontece a vida, co incendio que nos asolou hai uns anos como telón de fondo
No hay comentarios:
Publicar un comentario