25/11/25

25N: LECTURA DE LIBROS DE IGUALDADE E BOLBORETA

 Cada 25 de novembro, dende a biblioteca de Leirado propoñemos lecturas que fomenten a igualdade e a eliminación de estereotipos de xénero.

Este curso foi o voluntariado quen visitou as aulas para compartir estes contos con todo o alumnado:



Despois da lectura, a rapaciada reflexionou sobre o conto lido e en cada aula fixeron unha lista de palabras imprescindibles para conseguir a igualdade entre homes e mulleres.

Con esas palabras, fixemos unha bolboreta que luce así na entrada do noso cole:



No hay comentarios:

Publicar un comentario