Na Hora de ler reunímonos polo cole en grupos de dúas clases para escoitar, da man dun equipo de voluntarios de 5º, contos populares de tradición oral. Escollidos polos lectores da colección "Contos da media luniña", unha xoia moi antiga pero imperdible da nosa Biblioteca. O sapo e a raposa, A raposa e o lobo, A nena do saco e De póla en póla foron os escollidos por eles e preparados coidadosamente para a ocasión. Porque de tradición e patrimonio falamos este ano polas Letras Galegas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario