Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres, o alumnado do noso colexio converteuse en protagonista dun programa de radio moi especial.
A través dos seus micrófonos, as nenas e os nenos puxeron voz a mensaxes de respecto, igualdade e convivencia, lembrándonos que todas as persoas temos un papel importante na construción dunha sociedade libre de violencia.
Foi unha oportunidade para reflexionar, aprender e, sobre todo, facer escoitar a nosa voz a favor da igualdade e en contra de calquera forma de violencia contra as mulleres.
Porque educar en igualdade tamén é ensinar a respectar, a coidar e a non permanecer en silencio.
Dende o noso cole, alzamos a voz pola igualdade!