22/6/19

DESPEDIDA DO VOLUNTARIADO

Remata o curso e, coma sempre, non podemos deixar de facer público o agradecemento aos grupos de axudantes de 5º e 6º, pois foron unha peza imprescindible no funcionamento da Biblioteca.
Recibiron o seu diploma da Xunta de Galicia e a camiseta laranxa, que recoñecen o seu labor.

E outras cousiñas máis que andivemos a argallar na nova impresora 3D co grupo de 6º 



Tamén libretiñas... e o noso cariño inmenso.


Boa andaina no instituto aos que se van, e agardamos poder contar cos demais para o próximo curso. 


No hay comentarios:

Publicar un comentario