Este curso que remata intentamos visibilizar o xogo como actividade con moito potencial no noso desenvolvemento. Indagamos para coñecer moitos máis xogos e curiosidades sobre eles, puxémolos en práctica, aprendemos con eles e creamos moitos. Falamos sobre o xogo coas nosas familias e compartimos o que iamos facendo de diferentes xeitos.
Nesta andaina colaboramos co CEIP Santiago de Oliveira, porque tamén andan interesadas neste tema. Compartimos e xogamos na Mostra do Xogo e o Xoguete no Parque da Canuda. Nos vos perdades o ben que o pasamos!
Podedes ver as reportaxes da Mostra e moitas das cousas que fixemos no blog do proxecto:
Para rematar mirade que agasallo recibimos do alumnado de Santiago de Oliveira: xogos de tabas feitos por eles!
Xa están na nosa sala de xogos
Un pracer a colaboración neste proxecto tan divertido!
FELICES VACACIÓNS, e non esquezades xogar moito coas amizades, coa familia, coa Natureza, coa imaxinación...
No hay comentarios:
Publicar un comentario