24/6/22

FEIRATUR LEIRADO

 Por fin chegou o día de compartir con toda a comunidade as nosas experiencias, coñecementos, descubrimentos e traballos que conseguimos ao longo deste curso investigando sobre os distintos continentes con este proxecto "A volta ao mundo en 160 días" !

Nesta feira de turismo, que por mor do tempo tivemos que organizar na escola,  cada curso contou cun espazo no que recrear o continente polo que estiveron a viaxar durante o curso, compartindo os recursos creados, un resumo da información que foron obtendo coas investigacións e con representantes para explicar aos visitantes e resolver as cuestións que plantexen. 

En cada  espazo ofertouse tamén un obradoiro creativo  no que o público podía fedellar e colaborar c@s alumn@s e levar así un recordo para a casa.


Preme na imaxe e accede ao álbum coas fotos desta xornada 



No hay comentarios:

Publicar un comentario