22/6/22

OBRADOIROS TEMÁTICOS CREATIVOS FEIRATUR

Na estación de cada grupo en "Feiratur  Leirado" ofertouse un obradoiro propio de cada continente. Deste xeito @s visitantes podías experimentar, seguindo as instrucións do alumnado, e levar para a casa un recordo creativo e personalizado da nosa feira.

OCEANÍA: @s máis pequen@s do cole representaban pinturas aborixes  con bastoncillos e pinturas multicor.




 

ÁFRICA ORIENTAL: @s maiores de infantil  deseñaban máscaras africanas para espantar espíritus malos










AMÉRICA DO SUR: O alumnado de 1º ensinaba a realizar sacapenas con limpapipas, para contarlle as penas e tristezas e meter baixo a almofada para que desaparezan, segundo a tradición uruguaia.



 

EUROPA: A súa proposta era quebracabezas de monumentos de Europa así como chapas de Nessi, despois de contestar algunha pregunta sobre a exposición.



ASIA: O alumnado de 3º foron os encargados de tatuaxes con henna, seguindo a tradición india.

 

           Mentres que os de 4º, deseñaron abanos Pai-Pai chegados    directamente do Xapón.



 

ÁFRICA OCCIDENTAL: Elaboración de colares de distintas cores traídos de África polo alumnado de 5º de primaria.    



AMÉRICA DO NORTE: Preparou un Memory de monumentos, pratos típicos, lugares a visitar... todo organizado polo alumnado de 6º de Primaria.



No hay comentarios:

Publicar un comentario