Durante xornada de hoxe, tivemos a última reunión dos clubs de lectura de 5º e 6º.
Déspedimosnos até o próximo curso do alumnado de 5º co libro de
"Nata y chocolate" de Alicia Borrás Sanjurjo, co sabor doce que sempre deixa este relato e a identificación afectiva que sinte os rapaces cos sentimentos dos protagonistas.
No caso do alumnado de 6º a despedida foi máis real pois a eles non os poderemos ver no próximo curso. O libro escollido foi "A folla azul" de Andrea Maceiras. Un dos motivos que nos levou á selección deste libro, foi que fala da poboación indíxena de América do Sur, o que de algunha forma entronca co proxecto do curso "A volta ao mundo en 160 días".
Libro que fai un percorrido pola fauna da Amazonia cunha nena da tribo dos tacaré. O libro serviu para conversar sobre algúnhas das tradicións dos indíxenas así como dos problemas que está a sufrir a selva do Amazonas. Houbo algúns nenos que lles pareu que a protagonista poderíaselle ter sacado máis partido.
Unha conversa amena e moi interesante.
No hay comentarios:
Publicar un comentario