Neste trimestre os diferentes clubs de lectura andiveron inmersos en variadas aventuras.
O grupo de cuarto enleou co historia de "Queco e Kika" escrita por Eva Mejuto e ilustrada por Paula Cheshire. A xuntanza deunospara falar e reflexionar sobremoitos dos temas que se toca na lectura, coma a diversidade familiar, a tolerancia, o respecto e coidado dos animais, etc. E como non podía ser de outro xeito, rematamos a sesión falando sobre as nosas mascotas, o quenos aportan, e tamén dalgunha perda que, como nos contan no libro, forman parte tamén da vida coas nosas mascotas
O grupo de quinto mergullouse nas aveturas que lle acontecen á extravagante "Señorita Bubble" de Ledicia Costas. Esta lectura foi un éxitorotundo, sendo unánime aidea a valoración psitiva do grupo. Baseándonos nos inventos da protagonista, aventurámonos a realizar os propios e saíronideas verdadeirmente inxeniosas e divertidas
O grupo de lectores de sexto durante este trimestre leu "A folla azul"de Andrea Maceiras e con iustracións de Sonia García, moi vencellado tamén coa temática que se está a traballar dentro do PDI "mans á terra" Nesta conmovedora historia centrada nunha tribu do Amazonas, tócanse imprescindibles temas coma o ecoloxismo, o respecto ás crenzas e costumes,o coidado da natureza... A partires disto crearon a súa propia folla azul recollendo nunha palabra a síntese desta lectura.
.jpg)

.jpg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario