Hoxe reunímonos boa parte das compoñentes do club de lectura de adult@s para intercambiar impreións sobre as dúas lecturas que nos tiveron enredadas neste tempo.
A primeira fou "Un señor elegante" de Suso de Toro. Nesta novela histórica puidemos comentar sobre o momento histórico da Guerra Civil e a Dictadura, donde se centra a historia da famila Baltar, protagonistas da novela. Intercambiaos opinións, vivencias, anécdotas escoitadas nas nosas casas...
A outra lectura que fixemos e que nos encantou case que a todas por igual foi "Circe ou pracer do azul" de Begoña Caamaño, autora homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. A pesares de ser unha historia fantástica, baseada na mitoloxía, falamos da impresionante capacidade de trasladarnos a ese momento e mesmo aos lugares descritos e a facilidade coa que conseguía facernos ver e sentir os sentimentos e relacións das protagonistas. E todo isto baixo unhavisión feminista e reivindicativa que nos atrapou, a maiores da redacción a modo de intercambio de cartas que engaliola.
Nesta xuntanza tivemos o privilexio de contar coa presenza de Bea Caamaño, a irmá da autora, que nos deu unha visión moi cercana e íntima de Begoña. Compartiunos anécdotas, datos familiares, impresións, recordos, confesións....abriuse de co grupo para que puideraos ter unha visión global e profunda sobre a súa irmá escritora, pero sobre todo sobre a Begoña persoa, comprometida, loitadora, consecuente, e un longo etcétera
O broche final púxoo cunha lectura do libro de Circe da propia Begoña, cos seus fragmentos destacados e coas súas anotación persoais!
Moitísimas grazas e Bea polo seu tempo e as súas palabras, soubo transmitirnos perfectamente a maneira de Begoña Caamaño de entender e vivir o mundo
.jpg)




No hay comentarios:
Publicar un comentario