Nesta xuntanza do club de adultos falamos sobre as 2 lecturas que nos encantaron desta quenda.
Por unha banda gustounos moito a intriga que lle puxo Domingo Villar á súa novela "Ollos de auga". Malia que destacamos o xeito de escribir fácil, dinámico e divertido e a capacidade de manternos en vilo, outra das cousas que todas concordamos é no plus que lle engade á lectura o coñecer os lugares nos que se desenvolve a trama. Quédanos pendente unha visita á illa de Toralla!
Por outra banda, falamos un bo anaco arredor da historia que nos conta Abril Camino en "Mulleres que viven xuntas". Todas expuxemos a nosa visión sobre o tema e como entendiamos en maior ou menos medida os dous puntos de vista e vivencias das protagonistas. Comentamos as experiencias no noso entorno, xa que case todas coñecemos unha experiencia similar á que se recolle no libro, malia que agora podemos ter unha visión do que se sinte vivindoo dende dentro.
Un gusto, coma sempre, estes ratiños de charla arredor dunhas boas lecturas!



No hay comentarios:
Publicar un comentario