5/6/26

CLUB DE LECTURA

 Durate este derradeiro trimestre os clubs mergulláronse en moi variadas lecturas.

O grupo de cuarto botou moitas risasdas durante a lecura de "Os peidos máxicos de Sultán", de Marta Villar e ilustrado por Lucía Barrios. Moitas gargalladas cos poderes máxicos dos peidos do can de Sil, que nos deu pe para falar longa e profundamente sobre o poder da amizade e a importancia de ter e manter boas relacións c@s compis!


As chicas e chicos de quinto adentráronse na creación de cómic da man do gran Kiko da Silva e o libro "Aprende banda deseñada con Fiz" .   A través dos erros do propio artista na creación da banda deseñada, foinos levando de xeito moi dinámico e visual, ao paso a paso do proceso creativo.  Enleando coas divertidas e estrambóticas ideas de Fiz, o protagonista, puideron coñecer a estructura e os conceptos esenciais que se recisan para a creación de cómic. E niso andan agora....en breve veremos as creacións do grupo!


E o grupo de veteran@s despídese do club de lectura con "Milú e o edificio das persoas extraordinarias", creación de Abel Tomé e ilustrado por Laura Romero.  Da man de Milú puideron coñecer a tod@s @s veciñ@s, cada quen co seu súperpoder e como coa unión e cooperación entre o grupo se poden acadar grandes logros. Reflexioamos tamén sobre os súperpoderes que nos gustaría ter...e rematamos valorando os que xa temos! Todas aquelas habilidades e destrezas que posuímose que podemos empregar tamén para acadar logros xunt@s. Unha xuntanza moi proveitosa e reflexiva


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario