25/11/26

25-N: ENTREGA DE MOCHILAS VIAXEIRAS

AS MOCHILAS VIOLETAS XA ESTÁN EN CAMIÑO! 💜

O noso colexio pon en marcha unha nova aventura lectora pola igualdade! 📚✨

As aulas recibiron as súas mochilas viaxeiras violetas, cargadiñas de contos e libros que nos invitan a reflexionar sobre a igualdade, o respecto, a diversidade e a importancia de construír un mundo no que todas as persoas teñamos as mesmas oportunidades.

A través destas lecturas, queremos compartir historias que rompan estereotipos, dean visibilidade a referentes diversos e nos axuden a medrar en valores.

Porque cada libro que abrimos é unha oportunidade para aprender, cambiar a mirada e construír unha sociedade máis xusta e igualitaria. 💜

Que comece a viaxe das palabras, das historias e da igualdade! 🌈📖

No hay comentarios:

Publicar un comentario